Inicio Galicia A delegada territorial da Xunta en Ourense asiste á XXX edición da...

A delegada territorial da Xunta en Ourense asiste á XXX edición da Festa da Istoria de Ribadavia

0


A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, participou esta maña no desfile medieval da edición número 30 da Festa da Istoria de Ribadavia. Ao remate do desfile no Castelo dos Sarmiento, tivo lugar a lectura de pregón e nomeamento de Notables da Istoria.

O Goberno galego, a través de Turismo de Galicia, colabora un ano máis coa promoción desta celebración, unha das 12 festividades galegas recoñecida de Interese Turístico Nacional.

A Estratexia do turismo de Galicia 2020, impulsada pola Xunta en diálogo co sector, potencia as festas de interese turístico como parte do impulso aos mellores recursos e valores propios. No caso de Ribadavia, supón unha recuperación do patrimonio cultural galego, compartido entre os veciños e cos visitantes. Nesta trixésima edición, a Festa da Istoria de Ribadavia sumouse á Campaña da Consellería de Medio Ambiente Separa con Xeito. 

Leer más:  Procesiones suspendidas este Jueves Santo en Galicia por el temporal, con rachas que superan los 120 km/h

- Te recomendamos -