Inicio Galicia A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visita a Asociación Veciñal...

A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visita a Asociación Veciñal Novo Vigo de Navia

0
image_gallery.jpg

Marta Fernández-Tapias puxo en valor a decidida aposta do Goberno galego por fomentar o movemento veciñal, cunha liña de apoios para obras e equipamento que este ano beneficiou con máis de 623.700 euros a 47 entidades da área viguesa


A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou hoxe á Asociación Veciñal Novo Vigo de Navia. Unha xuntanza que serviu á representante autonómica para coñecer de primeira man as súas inquedanzas e necesidades.

Así, abordou con parte da súa xunta directiva algúns dos temas máis recorrentes relacionados co desenvolvemento deste ámbito, no que o Goberno galego é propietario, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo, de arredor de 130.000 metros cadrados.

Así, avanzou que tras o desbloqueo por parte do Concello vigués do Plan Parcial que da luz verde á Administración autonómica para a ampliación de solo residencial neste entorno, no que se contempla a construción de 1.600 vivendas protexidas, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda presentará en breve o proxecto de urbanización.

En canto ao compromiso do Goberno galego de construír un novo instituto en Navia, Fernández-Tapias, insistiu que para avanzar neste proxecto é necesario que o Concello de Vigo poña a disposición da Consellería de Cultura, Educación e Universidade os terreos necesarios, extremo que aínda non se produciu pese a que non se descarte.

Nesta mesma liña, respecto ao anuncio da Xunta da construción dun IES nos actuais xulgados, toda vez quede rematada a obra da nova Cidade da Xustiza, reiterou que “esta si vai adiante, xa que as edificacións son de propiedade autonómica”.

Asemade, a delegada explicou a Novo Vigo que están a punto de rematar os trámites necesarios para a cesión por parte da Xunta de Galicia do local de 250 metros cadrados que ocupará a Asociación e que lle permitirá triplicar a súa superficie actual en Teixugueiras.

Un exemplo máis, puxo en valor Fernández-Tapias, da decidida aposta do Goberno galego por colaborar con estas organizacións co obxectivo de mellorar a calidade de vida da veciñanza e contribuír a unha maior dinamización do movemento veciñal. Segundo indicou, parte deste compromiso ten o seu reflexo no marco das subvencións incluídas no Plan de Acción Comunitaria.

A orde estivo dotada este ano con 2,5 millóns de euros, o que permitiu chegar a 190 asociacións de toda Galicia. Na área de Vigo, o número de entidades beneficiarias ascende a 47, ás que se destinou case 624.000 euros.

Ademais, nos últimos cinco anos, o investimento da Xunta acadou preto de 10,5 millóns de euros destinados a financiar 978 proxectos de asociacións de veciños, de mulleres rurais e de comunidades de usuarios de augas. As axudas van dirixidas a financiar tanto obras nos locais sociais e instalacións comunitarias como á adquisición de equipamentos, así como a reparación de traídas de auga veciñais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre