Inicio Galicia A Delegación Territorial da Xunta acolleu a presentación do concerto que ofrecerá...

A Delegación Territorial da Xunta acolleu a presentación do concerto que ofrecerá mañá en Lugo 'Son do Sil' en favor da AECC

0


A Delegación Territorial da Xunta acolleu hoxe a presentación do concerto que ofrecerá mañá sábado o grupo ‘Son do Sil’ en Lugo en beneficio da Asociación Española Contra o Cancro (AECC), que terá lugar no Círculo das Artes a partir das 20.00 horas. As entradas poden adquirirse por seis euros na sede do colectivo en Lugo ou no Círculo -o sábado só no propio Círculo-.

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, participou no acto acompañado, entre outras persoas, pola presidenta provincial da AECC, Mari Luz Abella. Balseiro puxo en valor esta iniciativa solidaria, coa que tamén colabora a Administración autonómica, e resaltou o labor que desenvolve a asociación na sensibilización sobre esta doenza, no apoio ás persoas que a sofren e ás súas familias e tamén no ámbito da investigación. No acto tamén participaron a vicepresidenta do colectivo Berta Salgado Arias e Pilar Busto Pacios, membro da directiva.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre