Inicio Galicia A Delegación territorial da Xunta acolleu a presentación do Campionato de España...

A Delegación territorial da Xunta acolleu a presentación do Campionato de España de Motonáutica por Radiocontrol Térmico, que se celebra esta fin de semana en Cervo

0


A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación do Campionato de España de Motonáutica por Radiocontrol Térmico, que terá lugar os días 23 e 24 de xuño no encoro de río Covo, en Cervo.

Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro; José Fernández Prado, presidente da Federación Galega de Motonáutica; José Soto Peña, delegado da Federación de Motonáutica na provincia de Lugo; Emilio Cadaveira Cid, director da proba, e Manuel Otero, xefe do Servizo de Deportes da Delegación Territorial.

Esta cita, coa que colaboran a Xunta de Galicia e o concello de Cervo, será este ano a única no Campionato de España -que o pasado ano se decidiu en dúas probas-. Contará coa participación dunha vintena de pilotos de diversas comunidades e arredor de 70 embarcacións distribuídas en categorías segundo a potencia do motor. 

Leer más:  Formoso espera que Sánchez siga y acusa al PP de rebasar todas las líneas rojas

- Te recomendamos -