Inicio Galicia A Delegación Territorial da Xunta acolleu a presentación das XI Xornadas do...

A Delegación Territorial da Xunta acolleu a presentación das XI Xornadas do peregrino, que se celebran entre o 6 e o 8 de xullo

0


A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación das XI Xornadas do peregrino Abrindo Camiño, organizadas pola entidade do mesmo nome e que se celebrarán os días 6, 7 e 8 de xullo en Mondoñedo e Lourenzá. As xornadas homenaxean o 25 aniversario da declaración do Camiño Francés como Patrimonio da Humanidade e o terceiro da do Camiño Norte, e tamén lembrarán a figura de Santiago Iglesias Dobarrio, directivo fundador da entidade organizadora, cunha actuación musical e a presentación dunha revista na súa honra.

Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro; o presidente da Asociación Abrindo Camiño, José Luís Fernández; as alcaldesas de Mondoñedo e Lourenzá, Elena Candia e Rocío López respectivamente; o deputado provincial Eduardo Vidal, e o cronista oficial de Mondoñedo, Antonio Reigosa. 

Leer más:  El gobierno se muestra "contento" de que finalmente estén disponibles los billetes de trenes Avril y critica que la Xunta no haya celebrado la noticia

- Te recomendamos -