Inicio Galicia A Delegación Territorial da Xunta acolle unha exposición de fotografía histórica sobre...

A Delegación Territorial da Xunta acolle unha exposición de fotografía histórica sobre o San Froilán con imaxes de José Luís Vega

0

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, sinalou durante a inauguración que “as festas mudaron en moitos aspectos pero manteñen a súa esencia popular”


A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolle dende hoxe e durante todo o mes de outubro unha exposición de fotografía histórica sobre as festas do San Froilán, con 48 instantáneas que percorren tres décadas de mediados do Século XX.

Trátase de fotografías tomadas por José Luis Vega entre os anos 1941 e 1968, que pertencen ao fondo do Arquivo Histórico Provincial. Amosan diversos aspectos das festas, como os antigos carruseis, as carreiras de motos e, por suposto, os postos do polbo e a animación nas rúas.

A mostra foi inaugurada hoxe polo delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, quen afirmou que “pon de manifesto que as festas mudaron en moitos aspectos pero manteñen a súa esencia popular; esto é; que os verdadeiros protagonistas do San Froilán son os veciños chegados de toda a provincia, e doutros puntos de Galicia, que ateigan as rúas da cidade con ganas de pasalo ben”.

Leer más:  El PSOE utiliza la comisión del Congreso como "cortina de humo" para evitar discutir el caso 'Koldo', según critica Rueda

A exposición permanecerá na sede da Xunta en Lugo durante todo o mes de outubro. “Invito a todos os lucenses e ás persoas que nos visiten a percorrela: para algúns suporá un exercicio de nostalxia e para outros de descubrimento”, concluíu Balseiro.  


- Te recomendamos -