Inicio Galicia A Delegación da Xunta en Pontevedra coñece a actividade de Asem Galicia

A Delegación da Xunta en Pontevedra coñece a actividade de Asem Galicia

0

A delegada territorial en funcións recibiu ao presidente da asociación para analizar tamén o desenvolvemento da súa labor na súa nova oficina do edificio de Benito Corbal


A delegada territorial da Xunta en Pontevedra en funcións, Ana Ortiz, e o xefe territorial de Presidencia, Ramón Pereiro, mantiveron esta mañá unha reunión cos representantes de Asem Galicia na que lle presentaron a súa nova guía sobre a potenciación da autonomía dende a diversidade, en concreto, no eido do transporte.

Durante este encontro, os responsables de Asem tamén informaron a Ana Ortiz sobre a súa actividade na provincia, e en concreto, sobre a súa labor na nova oficina coa que contan no edificio de Benito Corbal na cidade do Lérez.

Na reunión estiveron presentes o presidente de Asem Galicia, Manuel Rego, e o vicepresidente, César Maquieira, que presentaron a súa nova guía informativa que ten coma obxectivo promover e mellorar as posibilidades de transporte e condución das persoas con discapacidade. Neste texto, as persoas con diversidade funcional poden informarse sobre cómo conseguir o permiso “extraordinario” de conducir, que é a licencia para conducir vehículos para persoas con mobilidade reducida (LCM) ou cales son os vehículos e sistemas máis axeitados para cada persoa.

Tamén deron traslado a Ana Ortiz da súa satisfacción por contar con esta nova sede en Pontevedra e aproveitaron para trasladarlle a posibilidade de implementar, no futuro, con novos sistemas a accesibilidade no edificio. Tamén solicitaron unha rampla para acceder ao escenario do salón de actos do edificio, sendo informados de que o arquitecto que deseñou a sala xa contemplou un recorrido alternativo para persoas con mobilidade reducida que permite acceder dende detrás da tarima.

Neste senso, aproveitaron a visita para solicitar a colaboración da administración autonómica nas próximas iniciativas que van a por en marcha neste edificio, como vai a ser un simposio sobre a diversidade funcional.

Asem Galicia é a Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares, unha entidade sen ánimo de lucro que forma parte dunha ampla rede de 22 asociacións de enfermidades neuromusculares por todo o territorio español e que traballa día a día para mellorar a situación das persoas afectadas nas súas vilas.

A misión desta entidade é contribuír a difundir, sensibilizar e facilitar información sobre a realidade e as necesidades específicas de aqueles que padecen este tipo de enfermidades entre os organismos da administración pública, os profesionais sociosanitarios, estudantes e a poboación xeral.

O seu principal obxectivo é contribuir á mellorar a calidade de vida dos afectados e das súas familias, e para iso, ponse a súa disposición diferentes servizos de información, orientación e asesoramento, promoción da autonomía persoal, fisioterapia, apoio psicolóxico, orientación laboral e execución de actividades lúdicas e recreativas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre