Inicio Galicia A Delegación da Xunta en Lugo acolle a presentación da III Romaxe...

A Delegación da Xunta en Lugo acolle a presentación da III Romaxe Viquinga do Vicedo que terá lugar os días 27 e 29 de xullo

0


A delegación territorial da Xunta en Lugo acolleu esta mañá a presentación da III edición da Romaxe Viquinga que terá lugar os próximos 27 e 28 de xullo na localidade mariñá do Vicedo. Trátase dunha festa de recreación histórica, cada vez máis consolidada, que inclúe un amplo programa de actividades entre os que se atopa o pregón a cargo do actor Antonio Durán Morris, o desembarco viquingo na praia de San Román, desfiles infantís, un mercado tradicional e distintos espectáculos como batallas entre cabaleiros, vodas viquingas, unha queimada popular, entre outras.

No acto estivo presente o alcalde da localidade, Jesús Novo Martínez, o delegado de Cultura da Deputación de Lugo, Eduardo Vidal, e representantes dos distintos colectivos locais colaboradores, ademais do delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, que fixo de anfitrión. A presentación incluíu tamén a actuación do Bruxo Queiman e a interpretación de varias cancións pola artista Andrea Pousa. 

Leer más:  La Xunta destinará más de 7,5 millones de euros en O Porriño para la eliminación del lindano, considerado "altamente contaminante"

- Te recomendamos -