Inicio Galicia A Consellería do Medio Rural investiu 29.000 euros en mellorar vías forestais...

A Consellería do Medio Rural investiu 29.000 euros en mellorar vías forestais de dous montes do Incio

0

O delegado territorial da Xunta en Lugo explicou que as actuacións foron executadas en 20 hectáreas e 7,3 quilómetros de pistas, dentro das accións de prevención contra incendios

A Consellería do Medio Rural investiu 29.000 euros en traballos de mellora de pistas forestais e cortalumes e tarefas de roza en dous montes do Incio, que foron executados no marco do programa de prevención contra incendios.

Segundo explicou o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, actuouse en conxunto en 20 hectáreas de superficie e 7,3 quilómetros de pistas no monte de Vilasouto e no de Ferrería e Coto Redondo, nunha zona integrada dentro da Rede Natura 2000.

As actuacións consistiron en tarefas de mantemento e mellora das vías e labores preventivas para crear descontinuidades na cuberta vexetal, tales como rozas, clareos e podas, así como na eliminación de restos forestais.

Os traballos forman parte do conxunto de actuacións que leva a cabo a Consellería nos montes de titularidade privada -na súa maioría en man común- que son de xestión pública en virtude dun acordo subscrito polos propietarios coa Xunta. O obxectivo, sinalou Balseiro, “é ordenar e protexer os espazos forestais, aplicando medidas activas de prevención contra incendios e procurando que manteñan íntegras as súas funcións medioambientais, sociais e económicas”.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre