Inicio Galicia A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con...

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 9,30 h de hoxe

0

Activo un lume dunhas 75 hectáreas no concello de Nogueira de Ramuín, parroquia de Santo Estevo de Ribas de Sil

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 9,30 h. de hoxe.

Nogueira de RamuínActivo un lume no concello ourensán de Nogueira de Ramuín, parroquia de Santo Estevo de Ribas de Sil, que comezou onte ás 21,10 h en tres puntos distintos e que segundo as últimas estimacións afecta unhas 75 hectáreas. Na súa extinción traballan 2 técnicos, 6 axentes, 16 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 2 helicópoteros e 1 avión.

MuíñosTamén está activo un incendio no concello ourensán de Muíños, parroquia de Prado de Limia, que afecta o parque natural do Xurés. O lume comezou onte ás 22.05 e afecta unhas 8 hectáreas. Están mobilizados 5 axentes, 12 brigadas, 3 motobombas e 2 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.  

Leer más:  Procesiones suspendidas este Jueves Santo por el temporal, con rachas que superan los 120 km/h

- Te recomendamos -