Inicio Galicia A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con...

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 9,00 h de hoxe

0

Extinguido o incendio que entrou dende Portugal e afectou 233,36 hectáreas do municipio ourensán da Mezquita, parroquia da Esculqueira

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 9,00 h. de hoxe.

A MezquitaExtinguido ás 21,10 h. de onte o lume rexistrado no municipio ourensán da Mezquita, parroquia da Esculqueira, que entrara por Portugal no mediodía do sábado. Segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 233,36 hectáreas, das cales 160,36 ha son rasas e 73 arboradas. Para a súa extinción mobilizáronse en total 17 axentes, 36 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 12 avións e 9 helicópteros.

CualedroExtinguido ás 21,33 h. de onte un incendio no concello ourensán de Cualedro, parroquia de Montes, que se orixinara na noite do domingo. Segundo as últimas medicións con GPS, o lume afectou 30 hectáreas de monte raso. Para o seu control mobilizáronse en total 7 axentes, 12 brigadas, 8 motobombas, 1 pa, 4 avións e 4 helicópteros.

MuíñosExtinguidos tres lumes no municipio ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que afectaron en total 4,2 hectáreas do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Os dous primeiros comezaron na tarde de onte -case simultaneamente-, mentres o terceiro se iniciou xa de madrugada.

O primeiro incendio, que se orixinara ás 17,24 h., quedou extinguido ás 21,28 h. Segundo as últimas medicións, afectou 0,8 hectáreas de superficie, 0,4 delas rasas e outras tantas arboradas. Para o seu control mobilizáronse en total 1 axente, 4 brigadas, 2 motobombas, 2 avións e 2 helicópteros.

O segundo lume, que se iniciara ás 17,28 h., quedou extinguido tamén ás 21,28 h. e afectou 1,4 hectáreas: 1 ha rasa e o resto arboradas. Na súa extinción traballaron 1 axente, 2 brigadas e 2 motobombas.

Por último, o terceiro dos incendios comezou ás 1,10 h. desta madrugada e quedou extinguido ás 5,15 h., afectando 2 hectáreas de monte raso. Para o seu control mobilizáronse en total 2 axentes, 6 brigadas e 5 motobombas.

Cerdedo-CotobadeSegue estabilizado, desde as 12,45 h. de onte, o lume rexistrado a madrugada anterior no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade, parroquia de Aguasantas. Segundo as últimas estimacións, afecta unhas 65 hectáreas, das cales 20 ha son arboradas e 45 de monte raso. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para o control deste incendio mobilizáronse ata o de agora 1 técnico, 9 axentes, 25 brigadas, 23 motobombas, 2 pas, 6 avións e 3 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre