Extinguido o lume do municipio ourensán de Viana do Bolo, parroquia de Vilarmeao, que afectou 24 hectáreas rasas
A ConsellerÃa do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais rexistrados con datos recollidos ata as 9,00 h. de hoxe.
Viana do BoloExtinguido ás 20,40 h. da pasada tarde o lume rexistrado no municipio ourensán de Viana do Bolo, parroquia de Vilarmeao. Orixinárase ás 22,41 h. do martes e, segundo as últimas medicións, afectou 24 hectáreas de monte raso. Para o control deste lume mobilizáronse en total 7 axentes, 14 brigadas, 9 motobombas, 2 pas e 1 helicóptero.
ManzanedaControlado ás 21,14 h. de onte o incendio do concello ourensán de Manzaneda, parroquia de Reigada. Iniciárase ás 22,13 h. do martes e afecta provisionalmente unhas 20 hectáreas de superficie. No lugar lévanse mobilizado 1 técnico, 5 axentes, 18 brigadas, 10 motobombas, 1 pa e 2 helicópteros.
Cabe lembrar que no mesmo municipio de Manzaneda se rexistraran outros catro lumes na noite do martes, a horas nas que os medios aéreos xa non podÃan actuar. Un deles orixinouse tamén na parroquia de Reigada, dous iniciáronse en San Miguel de Bidueira e outro en Cernado. Todos estes incendios quedaron extinguidos e ningún superou as 20 hectáreas.
A ConsellerÃa do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanÃa o número de teléfono gratuÃto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuÃto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Asà mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.