Inicio Galicia A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con...

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 9,00 h de hoxe

0

Permanece activo o lume do municipio ourensán de Lobios, parroquia de Manín, no que faleceu o piloto dun hidroavión portugués e o copiloto resultou ferido, e que afecta unhas 420 hectáreas do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais rexistrados con datos recollidos ata as 9,00 h. de hoxe.

LobiosPermanece activo, aínda que evoluciona favorablemente, o incendio rexistrado no concello ourensán de Lobios, parroquia de Manín, tras comezar o sábado ás 8,00 h. e despois de entrar dende Portugal. Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unhas 420 hectáreas do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada.

No control deste incendio levan traballado 1 técnico, 19 axentes, 54 brigadas, 29 motobombas, 2 pas, 9 avións e 11 helicópteros, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME). Foi neste lume onde se accidentou un hidroavión do operativo de extinción portugués, no que faleceu unha persoa e outra resultou ferida.

MuíñosPermanece controlado dende as 10,09 h. de onte un novo lume no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que tamén afecta o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Orixinouse ás 1,07 h. da madrugada do luns e, segundo as primeiras estimacións, rolda 1 hectárea rasa. Lévanse mobilizado para o seu control 3 axentes, 7 brigadas e 5 motobombas.

Así mesmo, segue controlado o lume dese mesmo concello ourensán de Muíños, tamén na parroquia de Requiás, que se iniciara o venres e que afecta provisionalmente unhas 50 hectáreas de superficie. Para a súa extinción lévanse mobilizado 6 axentes, 24 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 9 avións e 7 helicópteros.

LobeiraExtinguido ás 1,32 h. desta madrugada o lume que se orixinara na tardiña de onte no concello ourensán de Lobeira, parroquia de San Xes de Vilariño. Segundo as últimas medicións, afectou 6 hectáreas do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés: 5 rasas e 1 ha arborada. No seu control traballaron en total 3 axentes, 9 brigadas, 3 motobombas, 6 avións e 3 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre