Inicio Galicia A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con...

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 9,00 h de hoxe

0

Permanece activo o lume no concello de Viana do Bolo, parroquia de Pradorramisquedo, que afecta unha superficie dunhas 50 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais rexistrados con datos recollidos ata as 9,00 h. de hoxe.

PradorramisquedoPermanece activo o incendio no concello de Viana do Bolo, parroquia de Pradorramisquedo. Este lume comezou na mañá do luns e afecta provisionalmente unhas 50 hectáreas de superficie. No lugar lévanse mobilizado 9 axentes, 25 brigadas, 4 motobombas, 4 avións e 7 helicópteros.

RubiaisPermanece controlado dende as 18,45 h. de onte o lume rexistrado na noite do luns no municipio de Viana do Bolo, parroquia de Rubiais, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie provisional dunhas 50 hectáreas. Para o seu control lévanse mobilizado ata o momento 5 axentes, 13 brigadas, 8 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.

AmesExtinguido ás 5,02 h. desta madrugada o lume rexistrado no concello coruñés de Ames, parroquia de Bugallido, tras comezar ás 19,03 h. da tarde de onte. Tras as medicións realizadas, a superficie afectada foi de 21,5 hectáreas, das cales 18 foron arboradas e 3,5 de monte raso. Na súa extinción participaron 14 axentes, 22 brigadas, 11 motobombas, 1 pa, 6 avións e 6 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre