Inicio Galicia A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con...

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 21,00 h de hoxe

0

Permanece activo o lume no concello de Ourense, parroquia homónima, que afecta unhas 50 hectáreas de superficie

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 21,00 h. de hoxe.

OurensePermanece activo desde as 15,03 h. o lume no concello de Ourense, parroquia homónima, que afecta unha superficie dunhas 50 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. No seu control traballan 1 técnico, 4 axentes, 10 brigadas, 8 motobombas, 7 helicópteros e 10 avións.

RubiáControlado ás 18,59 h. o lume rexistrado no concello ourensán de Rubiá, parroquia de Pardollán, tras comezar onte ás 13,05 h. Segundo novas estimacións, afecta unha superficie de 41,35 hectáreas do parque natural da Serra da Enciña da Lastra, das cales 30 son arboradas e o resto monte raso. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para o seu control lévanse mobilizado 1 técnico, 11 axentes, 26 brigadas, 10 motobombas, 5 helicópteros e 11 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre