Inicio Galicia A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con...

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 20,00 h. de hoxe

0

Controlado o lume do concello de Chandrexa de Queixa, parroquia de Fitoiro, que afecta provisionalmente unha superficie de 25 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 20,00 h. de hoxe.

Chandrexa de QueixaControlado desde as 17,25 h. desta tarde o o lume rexistrado no concello de Chandrexa de Queixa, parroquia de Fitoiro, tras comezar ás 12,00 h. da mañá. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 25 hectáreas, das cales 2 son de arborado e 23 de monte raso. Esta medición é provisional ata que, unha vez rematado o lume, se parametrice a superficie final afectada. Na súa extinción traballan 2 axentes, 10 brigadas, 2 motobombas e 4 helicópteros.

LobeiraTamén permanece controlado desde as 13,07 h. deste mediodía o incendio rexistrado no municipio de Lobeira, parroquia de San Xes de Vilariño, tras comezar onte ás 23,49 h. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada provisional é de 25 hectáreas de monte raso no parque natural do Xurés. Lembramos que esta medición é provisional ata que, unha vez rematado o lume, se parametrice a superficie final afectada. No lugar participan na súa extinción 3 axentes, 8 brigadas, 6 motobombas e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre