Activo un incendio no concello ourensán de Toén, parroquia de Moreiras, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie provisional dunhas 50 ha, e para o que foi solicitada a intervención da Unidade Militar de Emerxencias
A ConsellerÃa do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais rexistrados con datos recollidos ata as 20,00 h. de hoxe.
ToénActivo dende as 17,40 h. desta tarde un incendio no concello ourensán de Toén, parroquia de Moreiras, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie provisional dunhas 50 hectáreas. Para a súa extinción lévanse mobilizado 1 técnico, 2 axentes, 9 brigadas, 5 motobombas, 1 pa, 9 avións e 9 helicópteros. Ademais, solicitouse a intervención da Unidade Militar de Emerxencias (UME).
MuÃñosActivo dende as 13,20 h. desta tarde un incendio no concello ourensán de MuÃños, parroquia de Requiás, no mesmo lugar onde quedaran extinguidos outros dous lumes esta pasada madrugada. O incendio afecta o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés e, segundo as últimas estimacións, rolda as 20 hectáreas. Para o seu control lévanse mobilizado 1 axente, 10 brigadas, 6 motobombas, 1 pa, 9 avións e 7 helicópteros.
LobeiraSegue estabilizado dende as 12,05 h. deste mediodÃa o incendio do concello ourensán de Lobeira, parroquia da Fraga, que tamén afecta o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Segundo as primeiras estimacións, rolda unhas 20 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse ata o momento 4 axentes, 11 brigadas, 5 motobombas, 1 pa, 4 avións e 2 helicópteros.
Viana do BoloControlado ás 19,27 h. desta tarde o incendio forestal rexistrado no municipio de Viana do Bolo, parroquia de Pradorramisquedo. Este lume comezou o pasado luns e, segundo as últimas estimacións, afecta unhas 200 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para o seu control lévanse mobilizado ata o de agora 17 axentes, 54 brigadas, 11 motobombas, 1 pa, 9 avións e 8 helicópteros.
A ConsellerÃa do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanÃa o número de teléfono gratuÃto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuÃto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Asà mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.