Inicio Galicia A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con...

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 20,00 h de hoxe

0

Estabilizado o lume no concello coruñés de Lousame, parroquia de Vilacova, cunha superficie afectada dunhas 30 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 20,00 h. de hoxe.

LousameEstabilizado ás 20,03 h. o lume rexistrado ás 14,50 h. no concello coruñés de Lousame, parroquia de Vilacova que, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie dunhas 30 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. No lugar levan traballado 5 axentes, 8 brigadas, 6 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 6 avións.

RubiáPermanece activo desde as 13,05 h. o lume forestal do concello ourensán de Rubiá, parroquia de Pardollán, e que afecta ao parque natural da Serra da Enciña da Lastra. Segundo as últimas estimacións, a superficie estimada é dunhas 35 hectáreas, sendo esta medición provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para o seu control lévanse mobilizado 1 técnico, 7 axentes, 14 brigadas, 4 motobombas, 4 helicópteros e 11 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre