Inicio Galicia A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con...

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe

0

Activo un lume no concello ourensán de Verín, parroquia de Ábedes, que afecta unhas 20 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe.

ACTIVO VerínActivo desde as 17,11 h. un lume no concello de Verín, parroquia de Ábedes, que segundo as primeiras estimacións afecta unhas 20 hectáreas. Na súa extinción están traballando 4 axentes, 9 brigadas, 5 motobombas, 1 pa, 4 helicópteros e 2 avións.

ESTABILIZADO MuíñosQuedou estabilizado ás 19,26 h. o incendio no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que afecta o parque natural do Xurés. O lume comezou onte ás 22,05 h. e afecta arredor de 18 hectáreas. Levan traballado neste lume 7 axentes, 21 brigadas, 6 motobombas, 1 pa, 6 helicópteros e 3 avións.

CONTROLADO Nogueira de RamuínControlado ás 19,18 h. o lume no concello ourensán de Nogueira de Ramuín, parroquia de Santo Estevo de Ribas de Sil, que comezou onte ás 21,10 h en tres puntos distintos. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie dunhas 150 hectáreas. Na súa extinción levan traballado 2 técnicos, 8 axentes, 33 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 1 avión.

Leer más:  Un camionero de 40 años de Lalín está siendo investigado por conducir de manera temeraria al circular en zig-zag y obstaculizar un adelantamiento

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.


- Te recomendamos -