Inicio Galicia A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con...

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h de hoxe

0

Controlado un incendio no concello ourensán de Oímbra, parroquia de Videferre, que afecta unhas 31,88 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe.

OímbraQuedou controlado ás 18,50 h. un lume no concello ourensán de Oímbra, parroquia de Videferre, que comezaba hoxe ás 14,40 h. Segundo as últimas estimacións, afectou 31,88 hectáreas, das cales 31,68 foron de monte raso e 0,2 de monte arborado. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Na súa extinción levan traballado 3 axentes, 11 brigadas, 3 motobombas, 4 helicópteros e 6 avións.

Monforte de LemosContinúa controlado desde as 13,48 h. do venres o lume de Monforte de Lemos, parroquia de Seoane, tras comezar o pasado xoves ás 13,22 h. Segundo as últimas estimacións afectou 465 hectáreas, das cales 255 son de monte arborado e 210 de monte raso. Na súa extinción levan traballado 3 técnicos, 15 axentes, 77 brigadas, 30 motobombas, 6 pas, 16 helicópteros e 6 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre