Inicio Galicia A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con...

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h de hoxe

0

Segue activo e evoluciona favorablemente o incendio do municipio coruñés de Fisterra que, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 130 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe.

Activo:FisterraContinúa activo desde as 1,17 h. desta madrugada, pero cunha evolución favorable, o incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Fisterra, parroquia de Sardiñeiro. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 130 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para o seu control mobilizáronse 8 axentes, 16 brigadas, 9 motobombas, 3 pas, 6 helicópteros e 4 avións, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Estabilizado:LobeiraSegue estabilizado dende as 13,03 h. de onte o incendio do concello ourensán de Lobeira, parroquia de San Xes de Vilariño, tras comezar ás 7,50 h do xoves. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 150 hectáreas dentro do Parque Natural do Xurés. No lugar levan traballado 1 técnico, 12 axentes, 37 brigadas, 15 motobombas, 2 pas, 7 avións e 7 helicópteros.

Controlados:Monforte de LemosQuedou controlado ás 13,48 h. deste mediodía o incendio forestal localizado no concello lugués de Monforte de Lemos, parroquia de Seoane, e que tamén afectou o municipio de Pantón. O lume comezou o xoves ás 13,22 h. e, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 465 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse 3 técnicos, 10 axentes, 49 brigadas, 24 motobombas, 5 pas, 13 helicópteros e 7 avións.

Porto do SonEstá controlado desde as 10,38 h. de hoxe o lume rexistrado no concello coruñés de Porto do Son, parroquia de Miñortos. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 89,4 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse 18 axentes, 36 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 6 helicópteros e 5 avións. Tamén participaron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

CenlleSegue controlado dende as 19,04 h. de onte o lume forestal do concello ourensán de Cenlle, parroquia da Barca de Barbantes, que se iniciaba o mércores ás 18,58 h. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 45,91 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción, lévanse mobilizado 2 técnicos, 10 axentes, 42 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 6 helicópteros e 7 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre