Inicio Galicia A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con...

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h de hoxe

0

Activo un lume no municipio lugués de Monforte de Lemos, parroquia de Seoane, que afecta provisionalmente unhas 350 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe.

ACTIVOSMonforte de LemosActivo desde as 13,22 h. o incendio forestal localizado no concello lugués de Monforte de Lemos, parroquia de Seoane. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 350 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para o seu control mobilizáronse 2 técnicos, 5 axentes, 22 brigadas, 12 motobombas, 2 pas, 13 helicópteros e 4 avións.

Porto do SonPermanece tamén activo desde as 06,15 h. desta mañá o lume rexistrado no concello coruñés de Porto do Son, parroquia de Miñortos. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 84 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse 12 axentes, 26 brigadas, 18 motobombas, 2 pas, 5 helicópteros e 5 avións. Tamén participan efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

ESTABILIZADOLobeiraEstabilizado ás 13,03 h. o incendio no concello ourensán de Lobeira, parroquia de San Xes de Vilariño, tras comezar esta mañá ás 7,50 h. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 50 hectáreas dentro do Parque Natural do Xurés. No lugar levan traballado 1 técnico, 7 axentes, 19 brigadas, 7 motobombas, 2 pas, 5 avións e 6 helicópteros.

CONTROLADOCenlleControlado dende as 19,04 h. o lume forestal do concello ourensán de Cenlle, parroquia da Barca de Barbantes, que se iniciaba onte ás 18,58 h. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 40 hectáreas. Para o seu control lévase mobilizado 2 técnicos, 9 axentes, 32 brigadas, 18 motobombas, 1 pa, 6 helicópteros e 7 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre