Inicio Galicia A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con...

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h de hoxe

0

Seguen activos, aínda que evolucionan favorablemente, os lumes de Vilariño de Conso-Sabuguido (2.000 hectáreas), Lobios-Río Caldo (2.000 ha no Parque Natural do Xurés), Chandrexa de Queixa-Queixa (500 ha), Manzaneda-Cernado (450 hectáreas), Manzaneda-Paradela (400 ha), A Mezquita-Cádavos (450 ha), Rairiz de Veiga-Sabariz (300 ha) e Montederramo-Gabín (30 ha)

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe.

ACTIVOSVilariño de ConsoO incendio rexistrado ás 2,22 h. do domingo no municipio de Vilariño de Conso, parroquia de Sabuguido, continúa activo e, segundo as últimas estimacións, afecta unhas 2.000 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para o control deste lume lévanse mobilizado 20 axentes, 38 brigadas, 17 motobombas, 4 pas, 18 helicópteros e 9 avións, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

LobiosDende as 19,40 h. do sábado permanece activo o lume do municipio ourensán de Lobios, parroquia de Río Caldo, que afecta provisionalmente unhas 2.000 hectáreas do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Para a súa extinción mobilizáronse ata o de agora 1 técnico, 32 axentes, 77 brigadas, 46 motobombas, 1 pa, 13 helicópteros e 8 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Chandrexa de QueixaEstá activo desde as 16,07 h. do domingo o lume da parroquia de Queixa, concello ourensán de Chandrexa de Queixa, que afecta provisionalmente unhas 500 hectáreas. Na súa extinción levan traballado ata o de agora 1 técnico, 12 axentes, 28 brigadas, 10 motobombas, 2 pas, 12 helicópteros e 2 avións.

ManzanedaActivo desde as 5,32 h. do luns o lume do municipio ourensán de Manzaneda, parroquia de Cernado, que afecta provisionalmente unhas 450 hectáreas de superficie. No seu control levan traballado 1 técnico, 8 axentes, 17 brigadas, 6 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 10 avións.

Tamén permanece activo desde as 2,40 h. do luns outro lume neste municipio, na parroquia de Paradela, ao que se lle uniu un terceiro rexistrado na parroquia de San Martiño, o que evidencia a clara intencionalidade. Entre os dous suman unha superficie provisional dunhas 400 hectáreas. No lugar están traballando 1 técnico, 20 axentes, 43 brigadas, 27 motobombas, 2 pas, 8 helicópteros e 4 avións.

A MezquitaActivo dende as 12,24 h. do luns o lume procedente de Zamora que, segundo as últimas estimacións provisionais, afecta unhas 450 hectáreas do concello ourensán da Mezquita, parroquia de Cádavos. Para a súa extinción lévanse mobilizado ata o de agora 7 axentes, 22 brigadas, 9 motobombas, 2 pas, 3 helicópteros e 4 avións.

Rairiz de VeigaPermanece activo o lume rexistrado no municipio ourensán de Rairiz de Veiga, parroquia de Sabariz, tras comezar ás 13,44 h. do domingo. Segundo as últimas estimacións, afecta unhas 300 hectáreas provisionais. Para a súa extinción mobilizáronse 24 axentes, 44 brigadas, 33 motobombas, 2 pas, 1 helicóptero e 9 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

MontederramoActivo dende as 21,20 h. do luns o lume do municipio ourensán de Montederramo, parroquia de Gabín, que rolda as 30 hectáreas provisionais. Para o seu control lévanse mobilizado 14 axentes, 22 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 7 helicópteros e 6 avións.

ESTABILIZADOSCualedroEstabilizados ás 18,29 h. os dous incendios rexistrados no concello de Cualedro, parroquia de Montes. O meirande dos lumes iniciouse ás 14,48 h. do domingo e, segundo as últimas estimacións provisionais, afecta unhas 1.300 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse ata o momento 1 técnico, 26 axentes, 39 brigadas, 25 motobombas, 5 pas, 8 helicópteros e 4 avións, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

O segundo dos incendios comezou ás 3,04 h. do luns e afecta, segundo as últimas medicións provisionais, unhas 80 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse ata o de agora 8 axentes, 8 brigadas, 10 motobombas e 5 helicópteros.

Vilar de BarrioSegue estabilizado, dende as 19,35 h. do luns, o lume que se iniciou o sábado no concello ourensán de Vilar de Barrio, parroquia de Rebordechau. De acordo coas últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie de arredor de 700 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse polo de agora 14 axentes, 34 brigadas, 17 motobombas, 2 pas, 11 helicópteros e 14 avións.

MuíñosPermanece estabilizado, dende as 21,00 h. do luns, o lume do concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que afecta provisionalmente unhas 11 hectáreas do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés. Este incendio iniciouse en dous focos diferentes e simultáneos, o que apunta a unha clara intencionalidade. Polo de agora, para o seu control lévanse mobilizado 3 axentes, 10 brigadas, 6 motobombas, 4 helicópteros e 2 avións.

CONTROLADOSVilardevósControlado ás 14,30 h. o lume do concello ourensán de Vilardevós, parroquia de Vilar de Cervo. Segundo novas estimacións, a superficie afectada provisional é de 296,29 hectáreas de monte raso. No seu control participaron ata o momento 26 axentes, 34 brigadas, 25 motobombas, 4 pas e 8 helicópteros.

A Pobra de TrivesSegue tamén controlado, dende as 2,01 h. do martes, o lume que se iniciara o luns no concello ourensán da Pobra de Trives, parroquia de Pena Petada, que afecta unhas 50 hectáreas provisionais. No seu control levan traballado ata o momento 2 axentes, 2 brigadas, 2 motobombas e 1 helicóptero.

EXTINGUIDOSRibas de SilExtinguido ás 18,42 h. o incendio do municipio lugués de Ribas de Sil, parroquia de Peites. Este lume iniciábase a madrugada do luns en 4 focos simultáneos, o que evidencia tamén a intencionalidade. A superficie afectada foi de 53,01 hectáreas, das cales 10,48 son arboradas e 42,53 de monte raso. Na súa extinción participaron 5 axentes, 30 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 1 helicóptero e 2 avións.

A GudiñaExtinguido ás 16,09 h. o lume que se rexistrara o sábado no municipio ourensán da Gudiña, parroquia de Pentes. A superficie afectada foi de 149 hectáreas, das cales 8 son de monte arborado e o resto de monte raso. Na súa extinción participaron 1 técnico, 10 axentes, 19 brigadas, 13 motobombas, 1 pa e 3 helicópteros.

LazaExtinguido ás 15,27 h. o lume rexistrado o sábado no municipio ourensán de Laza, parroquia de Camba, que afectou unha superficie de 49,13 hectáreas de monte raso. Na súa extinción traballaron 6 axentes, 17 brigadas, 3 motobombas, 3 pas e 4 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre