Inicio Galicia A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con...

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h.de hoxe

0

Permanece estabilizado o incendio de Dodro-Rianxo e mantense a estimación de 850 ha afectadas

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe.

Estabilizado Dodro-RianxoPermanece estabilizado desde as 12,15 h. deste mediodía o incendio que afecta os concellos coruñeses de Dodro e Rianxo, é dicir, sen ningunha fronte de chama activa. Este lume comezara o pasado luns ás 20,09 h. na parroquia de San Xoán de Laíño, en Dodro. Segundo as últimas estimacións provisionais, ata que se parametrice o lume unha vez rematado, afecta unha superficie dunhas 850 hectáreas.

Neste incendio foi preciso decretar onte a Situación 2 como medida preventiva pola súa proximidade ao núcleo de Meiquiz, na parroquia rianxeira de Leiro, e esta mañá foi desactivada. No control deste lume mobilizáronse ata o de agora 2 técnicos, 43 axentes, 42 brigadas, 29 motobombas, 5 pas, 7 helicópteros, 5 avións e efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Controlado O Barco de ValdeorrasÁs 15,27 h. quedaba controlado o lume rexistrado no concello ourensán do Barco de Valdeorras, parroquia de Santigoso, tras comezar onte ás 20,45 h. Este lume iniciábase con dous focos, o que amosa a clara intencionalidade, e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 121 hectáreas, das cales 11 son de monte arborado e 110 de monte raso. Este calculo é aproximado ata que se extinga o incendio. Nel están traballando 2 técnicos, 10 axentes, 12 brigadas, 5 motobombas, 1 helicóptero e 4 avións.

Extinguido Chandrexa de QueixaO incendio do concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Parada Seca, que comezaba onte ás 22,35 h. quedou extinguido ás 19,28 h. Segundo as últimas estimacións afectou 70 hectáreas de monte raso. Para a súa extinción mobilizáronse 4 axentes, 6 brigadas, 2 motobombas, 1 helicóptero e 1 avión.

Extinguido Calvos de RandínExtinguido ás 16,29 h. o lume do concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín, que entrou por Portugal ás 3,40 h. desta madrugada. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada foi de 7 hectáreas de arborado dentro do parque natural do Xurés, o resto está en territorio portugués. Na súa extinción traballaron 4 axentes, 5 brigadas, 3 motobombas e 2 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre