Inicio Galicia A consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con...

A consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h de hoxe

0

Declarada a Situación 2, como medida preventiva, no lume declarado no municipio ourensán de Rairiz de Veiga, parroquia de Sabariz, por proximidade ao núcleo de Guillamil e pedida tamén a colaboración da Unidade Militar de Emerxencias

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe.

ACTIVOS-SITUACIÓN 2Rairiz de VeigaEstá declarada a Situación 2, como medida preventiva, no lume declarado ás 13,44 h. no municipio ourensán de Rairiz de Veiga, parroquia de Sabariz, por proximidade ao núcleo de Guillamil e pedida tamén a colaboración da Unidade Militar de Emerxencias. Segundo as últimas estimacións, este incendio afecta 60 hectáreas. Segundo as últimas estimacións, este incendio afecta 60 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse 3 axentes, 7 brigadas, 7 motobombas e 9 avións.

CualedroFoi decretada, así mesmo, esta mesma Situación 2 no incendio rexistrado no concello ourensán de Cualedro, parroquia de Montes, neste caso por proximidade ao núcleo de Carzoá e solicitada tamén a intervención da UME. O incendio iniciouse ás 14,48 h. e afecta unhas 250 hectáreas, segundo as últimas estimacións. Para o seu control mobilizáronse 2 axentes, 8 brigadas, 5 motobombas, 6 helicópteros e 4 avións.

ACTIVOSVilariño de ConsoContinúa activo, desde as 02,22 horas desta madrugada, o lume do concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Sabuguido, que segundo as últimas estimacións afecta unhas 500 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para o seu control lévanse mobilizado 5 axentes, 11 brigadas, 6 motobombas, 2 pas, 10 helicópteros e 9 avións.

LazaSegue activo desde as 20,29 horas de onte o incendio do municipio ourensán de Laza, parroquia de Camba, e que afecta arredor de 50 hectáreas, segundo as últimas estimacións provisionais. Para a súa extinción mobilizáronse ata o de agora 4 axentes, 10 brigadas, 3 motobombas, 2 pas e 4 avións.

A GudiñaDende as 20,47 h. de onte permanece activo o lume do concello ourensán da Gudiña, parroquia de Pentes. As últimas estimacións provisionais indican que rolda as 150 hectáreas de superficie afectada. Para o seu control mobilizáronse polo de agora 1 técnico, 7 axentes, 16 brigadas, 10 motobombas, 1 pa e 3 helicópteros.

Vilar de BarrioContinúa activo, dende as 11,52 h. de onte, o lume rexistrado no concello ourensán de Vilar de Barrio, parroquia de Rebordechau. De acordo coas últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie de arredor de 450 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse polo de agora 10 axentes, 32 brigadas, 16 motobombas, 2 pas, 10 helicópteros e 14 avións.

LobiosDende as 19,40 h. de onte está activo un lume no municipio ourensán de Lobios, parroquia de Río Caldo, que afecta o Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés. Segundo as últimas estimacións, este incendio afecta unha superficie de arredor de 500 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse ata o de agora 4 axentes, 18 brigadas, 6 motobombas, 6 helicópteros e 5 avións.

Chandrexa de QueixaEsta activo desde as 16,07 h. Localízase na parroquia de Queixa e afecta, segundo as últimas estimacións, arredor de 120 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse ata o de agora 1 axente, 4 brigadas, 1 motobomba e 1 helicóptero.

MacedaNeste concello iniciáronse simultaneamente dous lumes, ambos na parroquia de Castro de Escuadro, ás 15,04 h. desta tarde, o que indica unha clara intencionalidade. Entre os dous afectan unha superficie aproximada de 100 hectáreas. Para o control destes dous lumes mobilizáronse ata o momento 5 axentes, 5 brigadas e 8 motobombas.

CONTROLADOSCuntisContinúa controlado, dende as 00,30 h. de hoxe, o incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Cuntis, parroquia de Cequeril, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta arredor de 25 hectáreas. No seu control lévanse mobilizado ata o de agora 3 técnicos, 9 axentes, 30 brigadas, 13 motobombas, 2 pas, 5 helicópteros e 5 avións.

QuirogaSegue tamén controlado dende as 20,27 h. de onte o incendio do concello lugués de Quiroga, parroquia do Hospital, que se iniciara o venres ás 00,03 h. Segundo as últimas medicións, afecta 53,09 hectáreas de superficie, das cales 34,12 son arboradas e as 18,97 restantes rasas. Para o seu control lévanse mobilizado 12 axentes, 38 brigadas, 22 motobombas, 2 pas, 7 helicópteros e 6 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre