Inicio Galicia A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con...

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h de hoxe

0

Activo un lume no concello pontevedrés de Cuntis, parroquia de Cequeril, que segundo as últimas estimacións provisionais supera as 20 hectáreas de afectación

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe.

CuntisDende as 14,59 h. de hoxe está activo un incendio forestal no concello pontevedrés de Cuntis, parroquia de Cequeril, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta máis de 20 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. No seu control lévanse mobilizado ata o de agora 1 técnico, 3 axentes, 15 brigadas, 6 motobombas, 2 pas, 5 helicópteros e 5 avións.

Vilar de BarrioPermanece activo, dende as 11,52 h. de hoxe, o lume rexistrado no concello ourensán de Vilar de Barrio, parroquia de Rebordechau. De acordo coas últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie de arredor de 50 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse polo de agora 2 axentes, 15 brigadas, 4 motobombas, 9 helicópteros e 12 avións.

QuirogaSegue estabilizado desde as 09,36 h. de hoxe o incendio do concello lugués de Quiroga, parroquia do Hospital, que se iniciara onte ás 00,03 h. Segundo as últimas estimacións provisionais, afecta unhas 40 hectáreas. Para o seu control lévanse mobilizado 11 axentes, 35 brigadas, 21 motobombas, 2 pas, 7 helicópteros e 6 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre