Inicio Galicia A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con...

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h de hoxe

0

Estabilizado o lume do municipio ourensán de Lobios, parroquia de Manín, no que faleceu o piloto dun hidroavión portugués e o copiloto resultou ferido, e que afecta unhas 420 hectáreas do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais rexistrados con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe.

LobiosEstabilizado ás 18,44 h. de hoxe o incendio rexistrado no concello ourensán de Lobios, parroquia de Manín, tras comezar o sábado ás 8,00 h. e despois de entrar dende Portugal. Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unhas 420 hectáreas do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada.

No control deste incendio levan traballado 1 técnico, 20 axentes, 55 brigadas, 30 motobombas, 2 pas, 9 avións e 11 helicópteros, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME). Foi neste lume onde se accidentou un hidroavión do operativo de extinción portugués, no que faleceu unha persoa e outra resultou ferida.

MuíñosExtinguido ás 19,06 h. de hoxe o lume do concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que se iniciara o venres e que afectou 49,68 hectáreas rasas do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Para a súa extinción mobilizáronse un total de 7 axentes, 27 brigadas, 17 motobombas, 1 pa, 9 avións e 7 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre