Inicio Galicia A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con...

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h de hoxe

0

Activo un incendio forestal no concello ourensán de Entrimo, parroquia da Illa, que chegou dende Portugal e que afecta o parque natural do Xurés

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe.

Activo EntrimoDende as 17,20 h. está activo un incendio forestal no concello ourensán de Entrimo, parroquia da Illa, que chegou dende Portugal e que afecta o parque natural do Xurés. Segundo as primeiras estimacións, en territorio español está afectada arredor dunha hectárea. Para o control deste lume mobilizáronse 1 axente, 3 brigadas, 1 motobomba e 3 helicópteros.

Extinguido MuíñosÁs 18,50 h. deuse por extinguido outro incendio que tamén entrou dende Portugal e afectou, así mesmo, o devandito espazo natural protexido. Este lume iniciouse ás 16,00 h. e segundo as últimas estimacións afectou unha superficie de 3 hectáreas en territorio español, todas elas de raso. Para o seu control mobilizáronse 1 axente, 1 brigada e 3 motobombas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre