Inicio Galicia A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con...

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h de hoxe

0

Continúa controlado o incendio do concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Casteloais, que afecta provisionalmente 19 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe.

Controlado Chandrexa de QueixaPermanece controlado desde as 20,01 h. do sábado o incendio no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Casteloais. Segundo últimas estimacións, afecta 19 hectáreas de superficie, das cales 2 son de arborado e 17 de raso. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para o seu control levan traballado 9 axentes, 28 brigadas, 13 motobombas, 5 helicópteros e 2 avións.

Extinguido Quiroga – HospitalÁs 18,47 h. desta tarde quedou extinguido o lume rexistrado no concello lugués de Quiroga, parroquia do Hospital. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada foi de 149,8 hectáreas, das cales 115,4 son de monte raso e as 34,44 restantes de arborado. Para a súa extinción mobilizáronse 1 técnico, 12 axentes, 47 brigadas, 25 motobombas, 3 pas, 8 avións e 6 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre