Inicio Galicia A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con...

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 18,30 h de hoxe

0

Activo un lume no concello de Ourense, parroquia homónima, que supera as 20 hectáreas de afectación

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 18,30 h. de hoxe.

OurenseActivo desde as 15,03 h. un lume no concello de Ourense, parroquia homónima, que afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. No seu control traballan 1 técnico, 2 axentes, 8 brigadas, 7 motobombas, 7 helicópteros e 10 avións.

RubiáPermanece estabilizado dende as 20,32 h. de onte o lume rexistrado no concello ourensán de Rubiá, parroquia de Pardollán, tras comezar ás 13,05 h. desa tarde. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie dunhas 40 hectáreas do parque natural da Serra da Lastra. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para o seu control lévanse mobilizado 1 técnico, 11 axentes, 26 brigadas, 10 motobombas, 5 helicópteros e 11 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre