Inicio Galicia A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con...

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 17,30 h de hoxe

0

Activo un lume no concello coruñés de Lousame, parroquia de Vilacova, cunha superficie inicial afectada dunhas 20 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 17,30 h. de hoxe.

LousameActivo desde as 14,52 h. un lume rexistrado no concello coruñés de Lousame, parroquia de Vilacova que, segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie dunhas 20 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. No lugar traballan 5 axentes, 7 brigadas, 6 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 5 avións.

RubiáPermanece activo desde as 13,05 h. o lume forestal do concello ourensán de Rubiá, parroquia de Pardollán, e que afecta ao parque natural da Serra da Enciña da Lastra. Segundo novas estimacións, a superficie estimada é dunhas 35 hectáreas, sendo esta medición provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para o seu control lévase mobilizado 1 técnico, 7 axentes, 13 brigadas, 4 motobombas, 4 helicópteros e 7 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre