Inicio Galicia A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con...

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 16,00 h. de hoxe

0

Activo un lume no Concello de Chandrexa de Queixa, parroquia de Fitoiro, que afecta provisionalmente unha superficie dunhas 20 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 16,00 h. de hoxe.

Chandrexa de QueixaActivo desde as 12,00 h. desta mañá un lume no Concello de Chandrexa de Queixa, parroquia de Fitoiro, que afecta unha superficie dunhas 20 hectáreas segundo as primeiras estimacións. Esta medición é provisional ata que, unha vez rematado o lume, se parametrice a superficie final afectada. No control deste lume traballan 2 axentes, 8 brigadas, 2 motobombas e 4 helicópteros.

LobeiraPermanece controlado desde as 13,07 h. deste mediodía o incendio rexistrado no municipio de Lobeira, parroquia de San Xes de Vilariño, tras comezar onte ás 23,49 h. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada provisional é de 25 hectáreas de monte raso no parque natural do Xurés. Lembramos que esta medición é provisional ata que, unha vez rematado o lume, se parametrice a superficie final afectada. No lugar traballan 3 axentes, 8 brigadas, 6 motobombas e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre