Inicio Galicia A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con...

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 14,00 h de hoxe

0

Desactivada a Situación 2 no incendio activo de Vilariño de Conso, parroquia de Sabuguido, que afecta unhas 2.000 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 14,00 h. de hoxe.

ACTIVOSVilariño de ConsoQuedou desactivada a Situación 2 que se decretara de xeito preventivo no lume do concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Sabuguido, ao non haber xa risco para núcleos de poboación. O incendio continúa activo dende as 2,22 h. do domingo e, segundo as últimas estimacións, afecta unhas 2.000 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para o control deste lume lévanse mobilizado 16 axentes, 32 brigadas, 14 motobombas, 4 pas, 14 helicópteros e 9 avións, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

LobiosDende as 19,40 h. do sábado permanece activo o lume do municipio ourensán de Lobios, parroquia de Río Caldo, que afecta unhas 2.000 hectáreas do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Para a súa extinción mobilizáronse ata o de agora 1 técnico, 21 axentes, 49 brigadas, 28 motobombas, 1 pa, 11 helicópteros e 6 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

CualedroEste concello ourensán rexistra dous incendios na parroquia de Montes que permanecen activos e superan as 20 hectáreas. O meirande dos lumes iniciouse ás 14,48 h. do domingo e, segundo as últimas estimacións, afecta unhas 1.300 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse 13 axentes, 23 brigadas, 14 motobombas, 5 pas, 6 helicópteros e 4 avións, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

O segundo dos incendios comezou ás 3,04 h. do luns e afecta, segundo as últimas medicións, unhas 80 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse ata o de agora 2 axentes, 2 brigadas, 3 motobombas e 5 helicópteros.

Chandrexa de QueixaEstá activo desde as 16,07 h. do domingo o lume da parroquia de Queixa, concello ourensán de Chandrexa de Queixa, que afecta provisionalmente unhas 500 hectáreas. Na súa extinción levan traballado ata o de agora 1 técnico, 5 axentes, 14 brigadas, 6 motobombas, 2 pas e 3 helicópteros.

Rairiz de VeigaPermanece activo o lume rexistrado no municipio ourensán de Rairiz de Veiga, parroquia de Sabariz, tras comezar ás 13,44 h. do domingo. Segundo as últimas estimacións, afecta unhas 300 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse 17 axentes, 29 brigadas, 24 motobombas, 2 pas e 9 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

VilardevósSegue activo, desde as 1,04 h. do luns, o lume do concello ourensán de Vilardevós, parroquia de Vilar de Cervo. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é dunhas 350 hectáreas. No seu control participaron ata o momento 17 axentes, 24 brigadas, 20 motobombas, 4 pas e 8 helicópteros.

ManzanedaActivo desde as 5,32 h. do luns o lume do municipio ourensán de Manzaneda, parroquia de Cernado, que afecta provisionalmente unhas 450 hectáreas de superficie. No seu control levan traballado 1 técnico, 4 axentes, 7 brigadas, 4 motobombas, 1 avión e 1 helicóptero.

Tamén permanece activo desde as 2,40 h. do luns outro lume neste municipio, na parroquia de Paradela, ao que se lle uniu un terceiro rexistrado na parroquia de San Martiño, o que evidencia a clara intencionalidade. Entre os dous suman unha superficie provisional dunhas 400 hectáreas. No lugar están traballando 1 técnico, 11 axentes, 26 brigadas, 20 motobombas, 2 avións e 3 helicópteros.

A MezquitaActivo dende as 12,24 h. do luns o lume procedente de Zamora que, segundo as últimas estimacións, afecta unhas 400 hectáreas do concello ourensán da Mezquita, parroquia de Cádavos. Para a súa extinción lévanse mobilizado ata o de agora 5 axentes, 12 brigadas, 7 motobombas, 2 pas, 1 avión e 2 helicópteros.

LazaSegue activo desde as 20,29 h. do sábado o incendio do municipio ourensán de Laza, parroquia de Camba, que afecta arredor de 60 hectáreas, segundo as últimas estimacións provisionais. Para a súa extinción mobilizáronse ata o de agora 5 axentes, 16 brigadas, 3 motobombas, 3 pas e 4 avións.

MontederramoActivo dende as 21,20 h. do luns un lume no municipio ourensán de Montederramo, parroquia de Gabín, que segundo as primeiras estimacións rolda as 30 hectáreas. Para o seu control lévanse mobilizado 6 axentes, 10 brigadas, 8 motobombas, 1 avión e 3 helicópteros.

ESTABILIZADOSVilar de BarrioSegue estabilizado, dende as 19,35 h. do luns, o lume que se iniciou o sábado no concello ourensán de Vilar de Barrio, parroquia de Rebordechau. De acordo coas últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie de arredor de 700 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse polo de agora 13 axentes, 34 brigadas, 17 motobombas, 2 pas, 11 helicópteros e 14 avións.

A GudiñaContinúa estabilizado, dende as 10,23 h. do luns, o lume que se rexistrara tamén o sábado no municipio ourensán da Gudiña, parroquia de Pentes. As últimas estimacións provisionais indican que rolda as 150 hectáreas de superficie afectada. Para o seu control mobilizáronse polo de agora 1 técnico, 9 axentes, 19 brigadas, 13 motobombas, 1 pa e 3 helicópteros.

MuíñosPermanece estabilizado, dende as 21,00 h. do luns, o lume do concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que afecta unhas 9 hectáreas do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés. Este incendio iniciouse en dous focos diferentes e simultáneos, o que apunta a unha clara intencionalidade. Polo de agora, para o seu control lévanse mobilizado 2 axentes, 7 brigadas, 4 motobombas e 3 helicópteros.

CONTROLADOSMacedaNeste concello ourensán seguen controlados, dende as 17,47 h. do luns, os dous lumes que se iniciaron simultaneamente na parroquia de Castro de Escuadro ás 15,04 h. do domingo, o que indica unha clara intencionalidade. Entre os dous afectan unha superficie aproximada de 220 hectáreas. Para o control destes dous lumes mobilizáronse ata o momento 10 axentes, 13 brigadas, 10 motobombas e 3 pas.

Ribas de SilContinúa controlado, desde as 22,34 h. do luns, o incendio do municipio lugués de Ribas de Sil, parroquia de Peites. Este lume iniciábase a madrugada anterior en 4 focos simultáneos, o que evidencia tamén a intencionalidade. Segundo as últimas estimacións, afecta unhas 60 hectáreas. No seu control levan traballado 4 axentes, 23 brigadas, 12 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.

A Pobra de TrivesControlado dende as 2,01 h. desta madrugada un lume que se iniciou onte no concello ourensán da Pobra de Trives, parroquia de Pena Petada, e que afecta unhas 50 hectáreas provisionais. No seu control levan traballado ata o momento 2 axentes, 2 brigadas, 2 motobombas e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre