Inicio Galicia A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con...

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 14,00 h de hoxe

0

Activo un incendio no concello coruñés de Lousame, parroquia de Tállara, que segundo as últimas estimacións rolda as 45 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais rexistrados con datos recollidos ata as 14,00 h. de hoxe.

LousameActivo dende as 05,07 h. desta madrugada un incendio no concello coruñés de Lousame, parroquia de Tállara. O lume orixinouse en dous focos simultáneos e, segundo as últimas estimacións, rolda as 45 hectáreas. Para a súa extinción téñense mobilizado 5 axentes, 12 brigadas, 11 motobombas, 2 pas, 1 avión e 2 helicópteros.

ToénContinúa activo, dende as 17,40 h. da tarde de onte, o incendio do concello ourensán de Toén, parroquia de Moreiras, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie provisional dunhas 250 hectáreas. Para a súa extinción lévanse mobilizado 2 técnicos, 8 axentes, 24 brigadas, 19 motobombas, 2 pas, 12 avións e 9 helicópteros, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

LobiosActivo dende as 8,00 h. desta mañá un incendio no concello ourensán de Lobios, parroquia de Manín, que afecta o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Segundo as primeiras estimacións, afecta unhas 10 hectáreas. No seu control levan traballado 4 axentes, 8 brigadas, 3 motobombas, 9 avións e 5 helicópteros. Durante as tarefas de extinción deste lume produciuse o accidente dun hidroavión do operativo portugués de extinción. Actualizaremos información tan pronto haxa novidades ao respecto.

MuíñosPermanece estabilizado, dende as 00,43 h. da noite, o incendio do concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que se rexistrara no mesmo lugar onde quedaran extinguidos outros dous lumes a madrugada anterior. Segundo as últimas estimacións, o incendio afecta unhas 50 hectáreas provisionais do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Para a súa extinción lévanse mobilizado 3 axentes, 13 brigadas, 10 motobombas, 1 pa, 9 avións e 7 helicópteros.

LobeiraSegue controlado, dende as 23,14 h. da pasada noite, o incendio do concello ourensán de Lobeira, parroquia da Fraga, que tamén afecta o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Segundo as últimas estimacións, rolda unhas 30 hectáreas de monte raso. Para o seu control mobilizáronse ata o momento 6 axentes, 16 brigadas, 8 motobombas, 1 pa, 4 avións e 2 helicópteros.

Navia de SuarnaEstabilizado ás 12,27 h. deste mediodía o lume do municipio lucense de Navia de Suarna, parroquia de Son, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie provisional dunhas 95 hectáreas. Para o seu control lévanse mobilizado 1 técnico, 5 axentes, 19 brigadas, 13 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.

Viana do BoloContinúa controlado, dende as 19,27 h. da tarde de onte, o incendio forestal rexistrado no municipio de Viana do Bolo, parroquia de Pradorramisquedo. Este lume comezou o pasado luns e, segundo as últimas estimacións, afecta unhas 200 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para o seu control lévanse mobilizado ata o de agora 18 axentes, 56 brigadas, 11 motobombas, 1 pa, 9 avións e 8 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre