Inicio Galicia A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con...

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 14,00 h de hoxe

0

Permanece estabilizado o incendio forestal do concello coruñés de Ribeira, que afecta tamén ao de Porto do Son, cunha superficie dunhas 175 hectáreas, segundo as últimas medicións

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 14,00 h. de hoxe.

Estabilizado RibeiraEstá estabilizado dende as 09,35 horas o incendio forestal do concello coruñés de Ribeira, que se iniciou na parroquia de Oleiros e que tamén afecta o municipio de Porto do Son. Segundo as últimas medicións, afecta unha superficie de arredor de 175 hectáreas. Este cálculo é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para o seu control mobilizáronse 23 axentes, 37 brigadas, 24 motobombas, 2 pas, 9 helicópteros e 5 avións, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Controlados Monforte e LobeiraPermanece controlado o lume de Monforte de Lemos, que segundo as últimas estimacións afectou 465 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse 3 técnicos, 15 axentes, 69 brigadas, 30 motobombas, 6 pas, 16 helicópteros e 6 avións.

Segue tamén controlado o lume de Lobeira (150 ha), rexistrado no Parque Natural do Xurés. No seu control traballaron 1 técnico, 16 axentes, 49 brigadas, 15 motobombas, 2 pas, 7 helicópteros e 7 avións.

Extinguido Zas-MuíñoÁs 11,15 h. desta mañá quedou extinguido o incendio de Zas-Muíño, que afectou, segundo as últimas medicións, 20,9 hectáreas. Neste caso traballaron 9 axentes, 10 brigadas, 7 motobombas e 2 pas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre