Inicio Galicia A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con...

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h de hoxe

0

Permanecen controlados os lumes de Quiroga, parroquia do Hospital, e de Chandrexa de Queixa, parroquia de Casteloais, con superficies afectadas de 149,8 e 19 hectáreas respectivamente

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h. de hoxe.

Controlado Quiroga – HospitalControlado desde as 16,52 h. de onte o lume rexistrado no concello lugués de Quiroga, parroquia do Hospital. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 149,8 hectáreas, das cales 115,4 son de monte raso e as 34,44 restantes de arborado. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para o seu control mobilizáronse 1 técnico, 12 axentes, 44 brigadas, 22 motobombas, 3 pas, 8 avións e 6 helicópteros.

Controlado Chandrexa de QueixaPermanece tamén controlado desde ás 20,01 h. do sábado o incendio no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Casteloais. Segundo últimas estimacións, afecta 19 hectáreas de superficie, das cales 2 son de arborado e 17 de raso. Na súa extinción levan traballado 9 axentes, 27 brigadas, 13 motobombas, 5 helicópteros e 1 avión.

Extinguido A GudiñaExtinguido ás 12,00 h. da mañá o incendio no municipio ourensán da Gudiña, parroquia de Barxa, tras entrar por Portugal o pasado venres. Segundo as últimas estimacións afectou 379,91 hectáreas, das cales 164,96 son de arborado e o resto de monte raso. Na súa extinción traballaron 1 técnico, 14 axentes, 38 brigadas, 18 motobombas, 4 pas, 6 helicópteros e 2 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Extinguido RiósTamén quedou extinguido ás 12,00 h. desta mañá o lume rexistrado no concello ourensán de Riós, parroquia do Navallo, na madrugada do sábado. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada foi de 51,84 hectáreas, das cales 8 son de monte raso e o resto arborado. Nos traballos de extinción participaron 13 axentes, 25 brigadas, 13 motobombas, 1 pa, 1 avión e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre