Inicio Galicia A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con...

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h de hoxe

0

Permanecen activos cinco lumes en diferentes concellos da provincia de Ourense que en todos os casos superan as 20 hectáreas de afectación: Vilariño de Conso-parroquia de Sabuguido (80 ha), Laza-Camba (arredor de 40 ha), A Gudiña-Pentes (120 ha), Vilar de Barrio-Rebordechau (350 ha) e Lobios-Río Caldo (75 ha dentro do Parque Natural do Xurés)

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h. de hoxe.

ACTIVOSVilariño de ConsoContinúa activo, desde as 02,22 horas desta madrugada, o lume do concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Sabuguido, que segundo as últimas estimacións afecta unhas 80 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para o seu control lévanse mobilizado 2 axentes, 7 brigadas, 4 motobombas, 1 pa, 8 helicópteros e 6 avións.

LazaSegue activo desde as 20,29 horas de onte o incendio do municipio ourensán de Laza, parroquia de Camba, que está a evolucionar favorablemente e que afecta arredor de 40 hectáreas, segundo as últimas estimacións provisionais. Para a súa extinción mobilizáronse ata o de agora 3 axentes, 10 brigadas, 3 motobombas, 2 pas e 4 avións.

A GudiñaDende as 20,47 h. de onte permanece activo, malia que cunha evolución favorable, o lume do concello ourensán da Gudiña, parroquia de Pentes. As últimas estimacións provisionais indican que rolda as 120 hectáreas de superficie afectada. Para o seu control mobilizáronse polo de agora 1 técnico, 6 axentes, 14 brigadas, 9 motobombas, 1 pa e 2 helicópteros.

Vilar de BarrioContinúa activo, dende as 11,52 h. de onte, o lume rexistrado no concello ourensán de Vilar de Barrio, parroquia de Rebordechau. De acordo coas últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie de arredor de 350 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse polo de agora 9 axentes, 27 brigadas, 14 motobombas, 2 pas, 10 helicópteros e 14 avións.

LobiosDende as 19,40 h. de onte está activo un lume no municipio ourensán de Lobios, parroquia de Río Caldo, que afecta o Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés. Segundo as últimas estimacións, este incendio afecta unha superficie de arredor de 75 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse ata o de agora 3 axentes, 14 brigadas, 5 motobombas, 4 helicópteros e 3 avións.

ESTABILIZADOCuntisSegue estabilizado, dende as 00,30 h. de hoxe, o incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Cuntis, parroquia de Cequeril, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta arredor de 25 hectáreas. No seu control lévanse mobilizado ata o de agora 3 técnicos, 9 axentes, 30 brigadas, 13 motobombas, 2 pas, 5 helicópteros e 5 avións.

CONTROLADOQuirogaContinúa controlado dende as 20,27 h. de onte o incendio do concello lugués de Quiroga, parroquia do Hospital, que se iniciara o venres ás 00,03 h. Segundo as últimas medicións, afecta 53,09 hectáreas de superficie, das cales 34,12 son arboradas e as 18,97 restantes rasas. Para o seu control lévanse mobilizado 12 axentes, 38 brigadas, 22 motobombas, 2 pas, 7 helicópteros e 6 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre