Inicio Galicia A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con...

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h de hoxe

0

Permanece activo o lume do municipio ourensán de Lobios, parroquia de Manín, no que faleceu o piloto dun hidroavión portugués e o copiloto resultou ferido, e que afecta unhas 400 hectáreas do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais rexistrados con datos recollidos ata as 13,30 h. de hoxe.

LobiosPermanece activo o incendio rexistrado no concello ourensán de Lobios, parroquia de Manín, tras comezar o sábado ás 8,00 h e tras entrar dende Portugal. Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unhas 400 hectáreas do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. No seu control levan traballado 1 técnico, 14 axentes, 43 brigadas, 20 motobombas, 2 pas, 9 avións e 9 helicópteros, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Foi neste lume onde se accidentou un hidroavión do operativo de extinción portugués, no que faleceu unha persoa e outra resultou ferida. Esta última foi trasladada a un hospital portugués por un helicóptero medicalizado do país veciño.

MuíñosControlado ás 10,09 h. desta mañá un novo lume no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que tamén afecta o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Orixinouse ás 1,07 h. da madrugada e, segundo as primeiras estimacións, rolda 1 hectárea rasa. Lévanse mobilizado para o seu control 2 axentes, 4 brigadas e 3 motobombas. Trátase do cuarto incendio rexistrado nesta parroquia ourensá e do sexto que afecta ao Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés dende a noite do xoves.

O outro lume do concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que se iniciara o venres, permanece controlado dende as 21,07 h. de onte. Segundo as últimas estimacións, o incendio afecta unhas 50 hectáreas provisionais. Para a súa extinción lévanse mobilizado 6 axentes, 24 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 9 avións e 7 helicópteros.

ToénSegue controlado, dende as 19,43 h. de onte, o incendio do concello ourensán de Toén, parroquia de Moreiras. Iniciouse o venres e, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 250 hectáreas. Para a súa extinción lévanse mobilizado 3 técnicos, 17 axentes, 42 brigadas, 28 motobombas, 3 pas, 12 avións e 9 helicópteros, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Chandrexa de QueixaContinúa controlado, dende as 19,53 h. de onte, o incendio do municipio ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Requeixo. Orixinárase o sábado e, segundo as últimas estimacións, rolda as 25 hectáreas. No seu control levan traballado 5 axentes, 13 brigadas, 2 motobombas, 2 avións e 3 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre