Inicio Galicia A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con...

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h de hoxe

0

Permanece activo o lume no concello coruñés de Porto do Son, parroquia de Miñortos, cunha superficie provisional afectada de 80 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h. de hoxe.

Porto do SonPermanece activo desde as 06,15 h. o lume rexistrado no concello coruñés de Porto do Son, parroquia de Miñortos. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 80 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. No lugar traballan 9 axentes, 18 brigadas, 13 motobombas, 2 pas, 4 helicópteros e 5 avións. Tamén participan efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

CenllePermanece activo o lume forestal do concello ourensán de Cenlle, parroquia da Barca de Barbantes, que se iniciaba onte ás 19,05 h. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 40 hectáreas. Para o seu control lévase mobilizado 2 técnicos, 8 axentes, 28 brigadas, 15 motobombas, 1 pa, 6 helicópteros e 7 avións.

LobeiraEstabilizado ás 13,03 h. un incendio no concello ourensán de Lobeira, parroquia de San Xes de Vilariño, tras comezar esta mañá ás 7,50 h. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 30 hectáreas, das cales 3 son de monte raso e 27 de arborado. No lugar levan traballado 3 axentes, 9 brigadas, 5 motobombas, 1 pa, 5 avións e 5 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre