Inicio Galicia A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con...

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,00 h. de hoxe

0

Permanece estabilizado o incendio no concello de Muíños, parroquia de Requiás, que afecta 18,89 hectáreas de monte raso do parque natural do Xurés

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,00 h. de hoxe.

ESTABILIZADO MuíñosQuedou estabilizado ás 19,26 h. de onte o incendio no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que afecta o parque natural do Xurés. O lume comezou o xoves ás 22,05 h. e afecta 18,89 hectáreas de monte raso. Levan traballado neste lume 10 axentes, 26 brigadas, 9 motobombas, 1 pa, 6 helicópteros e 3 avións.

CONTROLADO A GudiñaControlado desde as 12,01 h. de hoxe o lume con dous focos que comezou onte ás 20,28 h. no concello ourensán da Gudiña, parroquia de Barxa. Segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 46,84 hectáreas, das cales 5 son de monte arborado e o resto de raso. No lugar mobilizáronse 8 axentes, 13 brigadas, 11 motobombas, 2 pas e 1 helicóptero.

CONTROLADO VerínControlado tamén desde as 12,27 h. desta mañá o lume rexistrado no municipio de Verín, parroquia de Ábedes, que comezou onte ás 17,11 h. Segundo as últimas estimacións afecta 38,61 hectáreas, das cales 17,1 son de monte arborado e o resto de raso. Na súa extinción levan traballado 1 técnico, 7 axentes, 15 brigadas, 8 motobombas, 1 pa, 6 helicópteros e 3 avións.

Leer más:  El gobierno de Ferrol presenta un presupuesto récord para el año 2024, superando los 92 millones de euros

CONTROLADO Nogueira de RamuínPermanece controlado desde as 19,18 h. de onte o lume no concello ourensán de Nogueira de Ramuín, parroquia de Santo Estevo de Ribas de Sil, que comezou o xoves ás 21,10 h en tres puntos distintos. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 151,3 hectáreas, das cales 20,9 son de monte arborado e 130,4 de monte raso. Na súa extinción levan traballado 2 técnicos, 8 axentes, 33 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 1 avión.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.  


- Te recomendamos -