Inicio Galicia A consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con...

A consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,00 h de hoxe

0

Seguen activos dous lumes no Parque Natural do Xurés: Lobios-Río Caldo (2.000 ha) e Muíños-Prado de Limia, limítrofe con Lobios (80 ha)

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,00 h. de hoxe.

ACTIVOSLobiosDende as 19,40 h. do sábado permanece activo o lume do municipio ourensán de Lobios, parroquia de Río Caldo, que afecta provisionalmente unhas 2.000 hectáreas do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para a súa extinción mobilizáronse ata o de agora 1 técnico, 39 axentes, 86 brigadas, 53 motobombas, 1 pa, 13 helicópteros e 8 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

MuíñosTamén no Parque Natural do Xurés, entrou a pasada medianoite un lume procedente de Portugal que afecta o concello ourensán de Muíños, parroquia de Prado de Limia, e o limítrofe municipio de Lobios. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada é dunhas 80 hectáreas. No lugar levan traballado ata o momento 6 axentes, 16 brigadas, 10 motobombas, 2 pas, 6 helicópteros e 2 avións.

ESTABILIZADOSRairiz de VeigaEstabilizado ás 10,36 h. desta mañá o lume rexistrado o domingo no municipio ourensán de Rairiz de Veiga, parroquia de Sabariz. Segundo as últimas estimacións, afecta unhas 300 hectáreas provisionais. Para a súa extinción mobilizáronse 27 axentes, 50 brigadas, 36 motobombas, 2 pas, 3 helicópteros e 9 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Vilariño de ConsoSegue estabilizado, dende as 21,35 h. do mércores o incendio rexistrado o domingo no municipio ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Sabuguido. Segundo as últimas estimacións provisionais, afecta unhas 700 hectáreas. Para o control deste lume lévanse mobilizado 22 axentes, 42 brigadas, 18 motobombas, 4 pas, 18 helicópteros e 9 avións, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

ManzanedaContinúa estabilizado, dende as 20,43 h. do mércores, o lume rexistrado o luns no municipio ourensán de Manzaneda, parroquia de Cernado. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 850 hectáreas. No seu control levan traballado 1 técnico, 9 axentes, 19 brigadas, 6 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 10 avións.

Tamén quedou estabilizado, ás 20,35 h de onte, o lume iniciado o luns neste municipio pero na parroquia de Paradela, ao que se lle uniu un terceiro orixinado na parroquia de San Martiño, o que evidencia a clara intencionalidade. Entre os dous suman unha superficie provisional dunhas 400 hectáreas. No lugar levan traballado ata o momento 1 técnico, 21 axentes, 43 brigadas, 28 motobombas, 2 pas, 8 helicópteros e 4 avións.

Chandrexa de QueixaPermanece estabilizado, dende as 20,44 h. do mércores, o lume que se orixinou o domingo na parroquia de Queixa, concello ourensán de Chandrexa de Queixa. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional de 500 hectáreas. Na súa extinción levan traballado ata o de agora 1 técnico, 16 axentes, 31 brigadas, 12 motobombas, 2 pas, 12 helicópteros e 2 avións.

A MezquitaSegue estabilizado, dende as 21,10 h. do mércores, o lume que entrou o luns dende Zamora e que afecta o concello da Mezquita, parroquia de Cádavos. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 450 hectáreas. Para a súa extinción lévanse mobilizado ata o de agora 9 axentes, 25 brigadas, 10 motobombas, 2 pas, 3 helicópteros e 4 avións.

MontederramoContinúa estabilizado, dende as 21,50 h. do mércores, o lume que comezaba o luns no municipio ourensán de Montederramo, parroquia de Gabín. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 30 hectáreas. Para o seu control lévanse mobilizado 16 axentes, 26 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 7 helicópteros e 6 avións.

CONTROLADOSCualedroSeguen controlados, dende as 20,46 h. do mércores, os dous incendios rexistrados no concello ourensán de Cualedro, parroquia de Montes. O meirande dos lumes iniciouse o domingo e, segundo as últimas estimacións provisionais, afecta unhas 1.300 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse ata o momento 1 técnico, 28 axentes, 43 brigadas, 27 motobombas, 5 pas, 8 helicópteros e 4 avións, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

O segundo dos incendios comezou o luns e afecta, segundo as últimas medicións provisionais, unhas 80 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse ata o de agora 8 axentes, 8 brigadas, 10 motobombas e 5 helicópteros.

Vilar de BarrioContinúa controlado, dende as 21,00 h. do mércores, o lume que se iniciou o sábado no concello ourensán de Vilar de Barrio, parroquia de Rebordechau. De acordo coas últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie de arredor de 700 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse polo de agora 14 axentes, 34 brigadas, 17 motobombas, 2 pas, 11 helicópteros e 14 avións.

MuíñosPermanece controlado, dende as 21,00 h. do mércores, o lume do concello de Muíños, parroquia de Requiás, que afecta provisionalmente unhas 11 hectáreas do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés. Este incendio iniciouse en dous focos diferentes e simultáneos, o que apunta a unha clara intencionalidade. Polo de agora, para o seu control lévanse mobilizado 3 axentes, 10 brigadas, 6 motobombas, 4 helicópteros e 2 avións.

A Pobra de TrivesSegue tamén controlado, dende as 2,01 h. do martes, o lume que se iniciara o luns no concello ourensán da Pobra de Trives, parroquia de Pena Petada, que afecta unhas 50 hectáreas provisionais. No seu control levan traballado ata o momento 2 axentes, 3 brigadas, 2 motobombas e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre