Inicio Galicia A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con...

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 10,30 h. de hoxe

0

Está solicitada a desactivación da Situación 2 no incendio de Dodro-Rianxo e mantense a estimación de 850 ha. afectadas

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 10,30 h. de hoxe.

Activo Dodro-RianxoEstá solicitada a desactivación da Situación 2 no lume que afecta os concellos coruñeses de Dodro e Rianxo, debido á súa evolución favorable. O lume iniciouse o luns ás 20,09 h. na parroquia de San Xoán de Laíño, en Dodro e, segundo as últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie dunhas 850 hectáreas. Esta medición é provisional ata que, unha vez rematado o lume, se parametrice a superficie final afectada.

Neste lume decretouse onte a Situación 2 como medida preventiva pola súa proximidade ao núcleo de Meiquiz, na parroquia rianxeira de Leiro. Para o seu control mobilizáronse ata o de agora 2 técnicos, 40 axentes, 40 brigadas, 28 motobombas, 5 pas, 7 helicópteros, 5 avións e efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Activo O Barco de ValdeorrasDende as 20,45 h. de onte está activo un lume forestal no concello ourensán do Barco de Valdeorras, parroquia de Santigoso. Este lume iniciábase con dous focos, o que amosa a clara intencionalidade, e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 100 hectáreas. Este calculo é aproximado ata que se extinga o incendio. Nel están traballando 1 técnico, 9 axentes, 10 brigadas, 5 motobombas e 1 helicóptero.

Activo Calvos de RandínEstá activo un lume no concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín, que segundo as primeiras estimacións ten unha dimensión superior ás 20 hectáreas e afecta ao parque natural do Xurés. Este lume, que entrou por Portugal, comezaba ás 3,40 h. e nel traballan 3 axentes, 4 brigadas e 3 motobombas.

Activo Chandrexa de QueixaTamén permanece activo outro incendio no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Parada Seca, que comezaba onte ás 22,35 h. Segundo as últimas estimacións afecta unhas 20 ha de superficie. Para o control deste lume mobilizáronse 1 axente, 5 brigadas, 1 motobomba e proximamente incorporaranse os medios aéreos.

Extinguido MañónAdemais, ao longo da noite producíase un lume no concello coruñés de Mañón, na parroquia de As Grañas do Sor, que xa quedou extinguido. O incendio iniciábase ás 20,58 h. e quedaba extinguido ás 6,18 h. Afectou unha superficie de 26 ha, 16 delas de monte arborado e 10 de raso.

Extinguido Lousame-NoiaAdemais, quedou extinguido desde as 20,20 h. de onte o incendio localizado nos concellos coruñeses de Lousame e Noia, que afectou unha superficie de 77 hectáreas, das cales 71 foron de monte arborado e as 6 restantes de raso.

Este incendio rexistrou ata tres focos en Lousame, parroquia de Tállara, que se iniciaban de xeito simultáneo arredor das 0,10h. da madrugada do luns ao martes, motivo polo que todo indica que tamén foi provocado. Estes focos uníronse despois cun cuarto xa no municipio de Noia (parroquia de Argalo). Para controlar este incendio mobilizáronse 9 axentes, 6 brigadas, 6 motobombas e 1 pa.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre