Inicio Galicia A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con...

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 10,30 h de hoxe

0

Activo un lume no concello coruñés de Porto do Son, parroquia de Miñortos, cunha superficie inicial afectada dunhas 20 hectáreas

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2019.- A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 10,30 h. de hoxe.

Porto do SonActivo desde as 06,15 h. un lume rexistrado no concello coruñés de Porto do Son, parroquia de Miñortos que, segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie dunhas 20 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. No lugar traballan 8 axentes, 13 brigadas, 9 motobombas, 2 pas, 3 helicópteros e 3 avións.

CenllePermanece activo e evoluciona favorablemente o lume forestal do concello ourensán de Cenlle, parroquia da Barca de Barbantes, que se iniciaba onte ás 19,05 h. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é dunhas 40 hectáreas. Para o seu control lévase mobilizado 1 técnico, 8 axentes, 27 brigadas, 15 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre