Inicio Galicia A consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con...

A consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 10,00 h de hoxe

0

Activo un incendio no concello ourensán de Lobeira, parroquia da Fraga, que afecta o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés e, segundo as primeiras estimacións, rolda unhas 20 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais rexistrados con datos recollidos ata as 10,00 h. de hoxe.

LobeiraActivo dende as 2,05 h. da madrugada un incendio no concello ourensán de Lobeira, parroquia da Fraga, que afecta o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Segundo as primeiras estimacións, rolda unhas 20 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse ata o momento 4 axentes, 7 brigadas, 3 motobombas e 1 pa.

Viana do BoloSegue estabilizado o lume forestal rexistrado no municipio de Viana do Bolo, parroquia de Pradorramisquedo. Este lume comezou o pasado luns e, segundo as últimas estimacións, afecta unhas 200 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para o seu control lévanse mobilizado ata o de agora 17 axentes, 50 brigadas, 11 motobombas, 1 pa, 9 avións e 8 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre