Inicio Galicia A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con...

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09,30 h de hoxe

0

Rexistrados dous incendios no concello de Vilariño de Conso, un deles activo na parroquia de Castiñeira e outro estabilizado na parroquia de San Cristovo

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09,30 h. de hoxe.

Vilariño de ConsoNo concello de Vilariño de Conso temos rexistrados dous incendios -con tres focos cada un deles- que, tras a súa evolución, chegaron a unirse. Na parroquia de Castiñeira permanece activo arestora o lume que comezou onte ás 21,34 h. da noite. Segundo as primeiras estimacións afecta unha superficie dunhas 25 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. No seu control traballan 7 axentes, 9 brigadas, 3 motobombas e 2 pas.

Na parroquia de San Cristovo quedou estabilizado ás 07,02 h. desta mañá o lume rexistrado onte ás 22,41 h. Segundo as primeiras estimacións, afecta tamén unha superficie dunhas 25 hectáreas. No seu control traballan 2 axentes, 4 brigadas, 3 motobombas e 1 pa.

Chandrexa de QueixaEstabilizado ás 02,07 h. desta madrugada o lume que comezaba ás 16,43 h. da tarde de onte no concello de Chandrexa de Queixa, parroquia de Queixa. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 40 hectáreas. No control deste lume levan participado 5 axentes, 13 brigadas, 6 motobombas, 3 pas, 9 helicópteros e 2 avións.

RiósPermanece controlado desde as 18,32 h. de onte o lume de Riós, parroquia de Castrelo de Abaixo, tras comezar o xoves ás 23,05 h. da noite. Segundo as últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie dunhas 30 hectáreas. Na extinción do incendio lévanse mobilizado 7 axentes, 16 brigadas e 9 motobombas.

MuíñosQuedou extinguido ás 23,57 h. desta noite o lume orixinado onte ás 21,55 h. no municipio de Muíños, parroquia de Requiás. Afectou unha superficie de 0,2 hectáreas de monte raso dentro do parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Para extinguir este incendio traballaron un total de 2 axentes, 3 brigadas e 2 motobombas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre