Inicio Galicia A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con...

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09,30 h de hoxe

0

Extinguido o incendio rexistrado no concello ourensán de Viana do Bolo, parroquia de Rubiais, que afectou 50 hectáreas, das cales 47 son de monte raso e as 3 restantes de arborado

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais rexistrados con datos recollidos ata as 09,30 h. de hoxe.

RubiaisÁs 22,43 h. de onte deuse por extinguido o lume iniciado na noite do luns no concello ourensán de Viana do Bolo, parroquia de Rubiais. Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 50 hectáreas, das cales 47 corresponden a monte raso e as 3 restantes son de arborado . Para a súa extinción mobilizáronse en total 6 axentes, 21 brigadas, 8 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.

PradorramisquedoSegue activo o incendio forestal rexistrado no mesmo municipio de Viana do Bolo, parroquia de Pradorramisquedo. Este lume comezou na mañá do luns e, segundo as últimas estimacións, afecta provisionalmente unhas 130 hectáreas de superficie. No lugar lévanse mobilizado 13 axentes, 36 brigadas, 7 motobombas, 1 pa, 9 avións e 8 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre