Inicio Galicia A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con...

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09,30 h. de hoxe

0

Activo un lume no concello da Gudiña, parroquia de Pentes, que afecta unhas 20 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09,30 h. de hoxe.

ACTIVO A GudiñaActivo desde as 3,35 h. desta madrugada un lume no concello ourensán da Gudiña, parroquia de Pentes. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada é dunhas 20 hectáreas. No lugar participan 4 axentes, 12 brigadas, 4 motobombas e xa van de camiños 2 helicópteros.

CONTROLADO MuíñosPermanece controlado desde as 16,55 h. de onte o incendio no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que afecta o parque natural do Xurés. O lume comezou o xoves ás 22,05 h. e afecta 18,89 hectáreas de monte raso. Levan traballado neste lume 15 axentes, 33 brigadas, 11 motobombas, 1 pa, 6 helicópteros e 3 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085. 

Leer más:  La Xunta destinará más de 7,5 millones de euros en O Porriño para la eliminación del lindano, considerado "altamente contaminante"

- Te recomendamos -