Inicio Galicia A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con...

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09,30 h. de hoxe

0

Activo un lume no municipio da Gudiña, parroquia de Barxa, que afecta a máis de 20 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09,30 h. de hoxe.

ACTIVO A GudiñaPermanece activo desde onte ás 20,28 h. un lume con dous focos no concello ourensán da Gudiña, parroquia de Barxa, que segundo as primeiras estimacións supera as 20 hectáreas. No lugar mobilizáronse 7 axentes, 13 brigadas, 8 motobombas e 1 pa.

ACTIVO VerínActivo desde as 17,11 h. de onte o lume no concello de Verín, parroquia de Ábedes, que segundo novas estimacións afecta unhas 30 hectáreas. Na súa extinción levan traballado 1 técnico, 7 axentes, 15 brigadas, 8 motobombas, 1 pa, 6 helicópteros e 3 avións.

ESTABILIZADO MuíñosQuedou estabilizado ás 19,26 h. de onte o incendio no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que afecta o parque natural do Xurés. O lume comezou o xoves ás 22,05 h. e afecta arredor de 18 hectáreas. Levan traballado neste lume 10 axentes, 26 brigadas, 9 motobombas, 1 pa, 6 helicópteros e 3 avións.

Leer más:  Dos empresarios están siendo investigados por el mal estado de las ruedas de un camión de su empresa que circulaba por Vilalba

CONTROLADO Nogueira de RamuínPermanece controlado desde as 19,18 h. de onte o lume no concello ourensán de Nogueira de Ramuín, parroquia de Santo Estevo de Ribas de Sil, que comezou o xoves ás 21,10 h en tres puntos distintos. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 151,3 hectáreas, das cales 20,9 son de monte arborado e 130,4 de monte raso. Na súa extinción levan traballado 2 técnicos, 8 axentes, 33 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 1 avión.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085. 


- Te recomendamos -