Inicio Galicia A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con...

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09,00 h de hoxe

0

Activo un lume no concello ourensán de Viana do Bolo, parroquia de Vilardemilo, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie provisional de arredor de 150 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09,00 h. de hoxe.

Viana do BoloDesde as 20,28 h. de onte está activo un incendio forestal no municipio ourensán de Viana do Bolo, parroquia de Vilardemilo. De acordo coas últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 150 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada.

No inicio deste lume localizáronse ata cinco focos diferentes, polo que todo indica que foi intencionado. Ademais, cómpre lembrar tamén que se rexistrou a unhas horas nas que os medios aéreos apenas puideron traballar, pola proximidade do ocaso.

Para o seu control mobilizáronse ata o de agora 6 axentes, 20 brigadas, 10 motobombas, 2 pas, 4 helicópteros e 4 avións. En breve iranse reincorporando os medios aéreos, para continuar traballando na súa extinción.

VerínContinúa estabilizado desde as 12,49 h. de onte o incendio do concello ourensán de Verín, parroquia de Queirugás. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional de 144 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse en total 1 técnico, 14 axentes, 25 brigadas, 13 motobombas, 2 pas, 10 helicópteros e 9 avións.

RiósExtinguido desde as 23,09 h. de onte o lume rexistrado no concello ourensán de Riós, parroquia de Castrelo de Cima, que se iniciaba ás 22,07 h. do mércores. Segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 19,62 hectáreas, das cales 18,26 son de monte raso e as 1,36 restantes de arborado. Na súa extinción traballaron en total 7 axentes, 13 brigadas, 7 motobombas e 1 pa.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre