Inicio Galicia A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con...

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09,00 h. de hoxe

0

Estabilizados os lumes da Gudiña (440 ha), Riós (60) e Quiroga, parroquia do Hospital (152 ha)

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09,00 h. de hoxe.

Estabilizado A GudiñaEstabilizado ás 18,40 h. de onte o incendio no municipio da Gudiña, parroquia de Barxa, tras entrar por Portugal. Segundo as últimas estimacións afecta unhas 440 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. No seu control levan traballado 1 técnico, 10 axentes, 31 brigadas, 18 motobombas, 4 pas, 4 helicópteros e 2 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Estabilizado RiósEstabilizado ás 18,40 h. de onte o lume no concello de Riós, parroquia do Navallo. Segundo últimas estimacións, a superficie afectada é dunhas 60 hectáreas. Nos traballos de control levan participado 8 axentes, 22 brigadas, 10 motobombas, 1 pa, 1 avión e 1 helicóptero.

Estabilizado Quiroga – HospitalTamén permanece estabilizado desde as 15,36 h. de onte o lume rexistrado no concello de Quiroga, parroquia do Hospital. Segundo últimas estimacións, a superficie afectada é de 152 hectáreas. No seu control levan participado 1 técnico, 8 axentes, 33 brigadas, 15 motobombas, 3 pas, 8 avións e 6 helicópteros.

Controlado Quiroga – EnciñeiraControlado ás 20,41 h. o lume no concello de Quiroga, parroquia da Enciñeira. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 50 hectáreas, das cales 10 son arboradas e 40 de monte raso. Na súa extinción mobilizáronse 8 axentes, 17 brigadas, 6 motobombas, 1 pa, 5 avións e 5 helicópteros.

Controlado Chandrexa de QueixaPermanece tamén controlado desde as 20,01 h. o incendio no concello de Chandrexa de Queixa, parroquia de Casteloais. Segundo últimas estimacións, afecta 18 hectáreas de superficie, das cales 2 son de arborado e 18 de raso. Na súa extinción levan traballado 6 axentes, 16 brigadas, 6 motobombas e 3 helicópteros.

Extinguido Palas de ReiExtinguido ás 20,02 h. de onte o incendio que se rexistraba o venres ás 20,58 h. no concello lugués de Palas de Rei, parroquia de Cabana. Segundo últimas estimacións afecta unha superficie de 30,8 hectáreas, das cales 14 son de monte raso e 16,8 de arborado. Nos labores de extinción traballaron 5 axentes, 11 brigadas, 10 motobombas e 2 pas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de Twitter: @incendios085.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre